lunes, 5 de diciembre de 2016

Descubrindo os mamíferos

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 4º de EP tivemos unha saída á Aula da Natureza onde nos mostraron os tipos de mamíferos que temos ao noso arredor, na provincia de Ourense. Ensináronnos as distintas pegadas destes mamíferos para saber identificar cando as vexamos: lobo,marta, furóns,etc
E para rematar, fixemos un taller onde nos deron a pegada dalgún animal para levar de recordo á nosa casa.
Que divertido e canto aprendemos!