viernes, 12 de febrero de 2016

Preparados para á ESO

As clases de 6ºEP estamos a rematar o noso paso pola etapa de Primaria. Dentro duns meses estaremos na ESO, o que supón certos cambios, como por exemplo os horarios, os profesores, as materias, algúns compañeiros... Todos estes cambios nos axudarán a seguir medrando polo que durante unha tarde acudimos á parte de ESO do noso colexio para comezar a coñecerla. 
Vimos un vídeo con actividades que se realizan en ESO, uns profesores faláronnos de como é o ritmo e dalgunas das novidades que nos atoparemos e tamén visitamos parta das instalacións: as aulas, os laboratorios, os museos de ciencias...
Toca rematar este curso e xa estamos listos para o paso!