viernes, 23 de octubre de 2015

I Semana da Inclusión Social

Estes días, os cursos de 3º a 6º de Primaria, tivemos a oportunidade de estar con voluntarias e educadoras de Teranga que viñeron ao colexio a falarnos da Inclusión Social. Transmitíronnos a importancia de non excluír a ningunha persoa que sexa diferente a nós. 
Cando terminamos coa explicación e motivación, fomos para as nosas aulas e fixemos un debuxo de como podemos incluír a todo o mundo. Estes debuxos estarán expostos o mércores  4 de novembro na Aula Magna onde todos e todas poderán visitar.